Evento: Arqueoloxía en Monodose

Arqueoloxía en Monodose
luns, 30 xuño, 2025 - 19:30
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Arqueoloxía en Monodose

Monte do Facho

Nesta ocasión, dentro do ciclo "Arqueoloxía en monodose" que ven de organizar o Museo neste primeiro semestre do ano, José Suárez Otero será o relator a cargo de "Monte do Facho. Arqueoloxía dun “Mons Sacer”. Estado da cuestión".

O Facho é un xacemento complexo no que o simbólico, santuario do deus Berobreus con funcións rituais/culturais dende o Bronce Atlántico, destaca sobre os aspectos defensivos ou habitacionais, derivados dunha topografía que corresponde á Idade do Ferro.

Un posible mons sacer que fai excepcional deste monte un xacemento de grande interese arqueolóxico e antropolóxico.

José Suárez Otero e doutor (mención europea) en Arqueoloxía pola USC. Visiting Scholar Unversity na UCLA, Invited Researcher German Archaeological Institut, Membro correspondente do Deutsche Archäologisches Institut, premio de Investigación da Deputación de Pontevedra (1986), premio «Ignacio Cerviño» á recuperación do Patrimonio (2008), membro da Comisión Asesora de Patrimonio Histórico de Santiago de Compostela e membro do Grupo de Investigación de Análises do Territorio (ANTE) da USC. Tamén director das escavacións arqueolóxicas no Monte do Facho, Donón (Cangas).

A conferencia terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2026
25 de agosto
Sala Coworking - Antiga Casa Cuartel
Toponimízate 2026
28 de agosto
Casa da Cultura
Toponimízate 2026
4 de setembro
Centro Sociocultural Manuel Oreste
Toponimízate 2026
11 de setembro
Centro de Maiores Os Gozos