Evento: Sesión Eloy Lozano

Sesión Eloy Lozano
venres, 30 maio, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
Eloy Lozano, 1974-1980

Sesión dedicada ao cineasta galego Eloy Lozano, que inclúe Retorno a Tagen Ata, adaptación de Ferrín e primeira curta de ficción en ser rodada en 35mm en Galicia (proxectada neste formato); dous documentais sobre natureza e a recuperación de O carro e o home, de Antonio Román, acometida por Lozano en 1980, tendo devolto á fita a voz en off orixinal de 1940. Con materiais custodiados polo Museo do Pobo Galego e depósitos da Filmoteca de Galicia, a cinemateca da Xunta de Galicia vén de acometer unha nova restauración dixital en 4K partindo das pezas de celuloide dispoñibles. A copia loce o máis próxima ás intencións orixinais do autor do que nunca puidera verse.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Matrimonio a la italiana
29 de setembro
Filmoteca de Galicia
April
30 de setembro
Filmoteca de Galicia
Ciclo de cinema cubano en outubro no Museo de Belas Artes da Coruña
Ciclo de cinema cubano
6 de outubro a 27 de outubro
Museo de Belas Artes