Evento: Homenaxe a Marquesa de Parabere (María Mestayer de Echagüe)
Homenaxe a Marquesa de Parabere (María Mestayer de Echagüe)
María Mestayer de Echagüe, coñecida tamén baixo o pseudónimo de Marquesa de Parabere, foi empresaria e autora dalgunhas das obras gastronómicas españolas de referencia. Foi a súa inexperiencia nas artes culinarias o que a levou a ler publicacións gastronómicas e a experimentar na cociña. En 1933 publicou a “Enciclopedia culinaria. La cocina completa” na editorial Espasa-Calpe que está considerado como un dos recetarios clásicos da cociña española.
Outras publicacións súas son:
- “Confitería y reposteria”, 1930
- “Platos escogidos de la cocina vasca”, 1935
- “Conservas caseras”, 1936
- “Entremeses, aperitivos y ensaladas”, 1936
En 2019 Planeta Gastro publica, cun formato orixinal e coidada edición, a obra “Homenaje a la Marquesa de Parabere” que recompila 50 das receitas máis emblemáticas da Marquesa de Parabere recreando a receita orixinal, das man do chef Santiago Almuiña, pero tamén reinterpretando esas receitas á maneira actual. Nestas reinterpretacións das receitas participaron 50 chefs contemporáneos que quixeron render, deste xeito, a súa homenaxe persoal a María Mestayer. Entre eles atopamos nomes tan coñecidos coma Joan Roca, Carme Ruscalleda, Albert Adrià, José Andrés, Juan Mari Arzak, Martin Berasategui, Andoni Luis Aduriz, Pedro Subijana, Paco Torreblanca, Alberto Chicote, Mario Sandoval, Rafa Centeno, Luis Veira, Yayo Daporta…
Público / Idade recomendada: Adultos
Duración: 90 minutos
Hora: 19:00 h.
Salón de actos da biblioteca (ata completar capacidade)


