Evento: Cantareiras

  • cantareiras
Cantareiras
venres, 11 abril, 2025 a domingo, 28 setembro, 2025
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

Cantareiras

O Museo do Pobo Galego co gallo da homenaxe das Letras Galegas 2025 ás cantareiras e á poesía popular oral presenta a exposición Cantareiras, producida polo propio museo.

Trátase dunha mostra que recompila materiais sonoros, procedentes dos fondos do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, unha escolma de material gráfico e documental, así como pezas pertencentes á colección do Museo ou cedidas á institución para a ocasión.

Tomando como fío condutor a cadea de transmisión desa tradición, a mostra fai un percorrido pola nosa historia recente, analizando con perspectiva de xénero as formas, espazos, tempos e persoas que achegaron ese valioso patrimonio inmaterial até nós.

O acto de inauguración será de entrada libre e contará coa intervención musical de Rosario e Carme das Marías, nai e filla, cantareiras de Raigañas.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Icono Encarnado
12 de setembro a 10 de febreiro
Rúa de San Pedro