Evento: Mulleres, ritmo e tradición

Mulleres, ritmo e tradición
domingo, 22 xuño, 2025 - 20:00
Xardín Umbrío,
Vilanova de Arousa

Mulleres, ritmo e tradición

Obradoiro impartido por Sabela Olivares

Este ano, a Real Academia Galega dedícalle o 17 de maio a sete pandeireteiras e, con elas, a todas as mulleres que crearon e transmitiron a música tradicional, e a lingua, de xeración en xeración. A Rede de Dinamización Lingüística súmase a esta homenaxe con esta e outras actividades.

Mulleres, ritmo e tradición é un obradoiro de música tradicional dirixido a nenas e nenos de infantil e primaria. Impartido por Sabela Olivares, combina o descubrimento do patrimonio musical galego coa expresión corporal e vocal. A través da tradición oral, e empregando a percusión corporal como ferramenta principal, os nenos e nenas coñecerán de maneira lúdica, creativa e adaptada á súa idade, a riqueza e a función da música galega. Ao tempo que, cunha aprendizaxe multisensorial, se fomentan habilidades como a coordinación, a memoria e a atención, visibilizarase o papel das mulleres na nosa tradición musical cun enfoque integrador que busca que a música sexa vivida, non só como herdanza, senón tamén como experiencia enriquecedora e significativa.

Outras datas

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Fala, fala, falangueira
21 de xuño, 18:00
Teatro da Beneficencia - Ortigueira - A Coruña
Enredadas
26 de xuño, 20:00
Sala Azul - Betanzos - A Coruña
Enredadas
27 de xuño, 22:00
Local Social de Abelleira - Muros - A Coruña
Enredadas
4 de xullo, 21:30
Carballeira da Casa da Cultura - Outes - A Coruña