Evento: XXII Festa do Galo de Curral
XXII Festa do Galo de Curral
Vila de Cruces coñece os segredos do galo de curral, e desde o ano 1993 compárteos a través dunha cita gastronómica que inclúe, ademais da degustación popular deste produto, un programa de actividades nos que a música e a cultura son protagonistas. A festa naceu da man do colectivo de criadores de galo Agro, co fin de promocionar un prato elaborado cun produto criado de xeito natural por máis dunha vintena de produtores.
O segredo deste galo de curral radica na súa alimentación, xa que se cría ao ar libre con cereais, como millo, trigo e cebada, sen ningún tipo de aditivos. Ademais, a ave sacrifícase aos nove meses, cando habitualmente faise aos sete. O resultado é unha carne cun sabor máis intenso, máis bravo, de textura firme e con moi pouca graxa debido á alimentación e ao exercicio físico que lle obriga a vida no campo. O peso do galo de curral supera os catro quilos, unha vez limpo.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

