Evento: XLIV Festa do Peixe
XLIV Festa do Peixe
XLIV Festa do Peixe
Festa gastronómica popular de interese turísitico
A primeira fin de semana de xuño ou a última de maio celébrase en Bande a Festa do Peixe, que chega aos 44 anos, coa intención de promover a riqueza gastronómica, así como dar a coñecer as potencialidades turísticas da zona cun concurso de pesca.
O seu nacemento débese á iniciativa dun grupo de amigos que compartían a súa paixón pola pesca e decidiron organizar un concurso que se repite ano tras ano ata a data de hoxe. O seu arraigo superou o paso do tempo, e na actualidade é unha das máis antigas de Ourense.
Ligazóns