Evento: O xogo da estampa

O xogo da estampa
venres, 28 marzo, 2025 a sábado, 26 abril, 2025
Museo de Belas Artes,
A Coruña

O xogo da estampa

Obradoiro de técnica de gravado para non iniciados, en quendas de mañá ou tarde

O curso céntrase nas técnicas calcográficas de punta seca e aditivas. Os alumnos iniciaranse nos procesos do gravado e na súa comprensión como medio de expresión nas súas diferentes etapas: preparación e uso adecuado dos materiais, estampaxe e reprodución exacta dun número de probas orixinais por matriz.

Destinatarios: público adulto non iniciado.

Grupo dos venres: do 28 de marzo ao 25 de abril (agás o 18 de abril), de 17:30 a 19:30 horas.

Grupo dos sábados: do 29 de marzo ao 26 de abril (agás o 19 de abril), de 11:00 a 13:00 horas.

Para a inscrición e máis información, ver na seguinte ligazón-

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de letras capitulares
14 de outubro a 15 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Obradoiro de comprensión lectora Sala Infantil
Xogando coas letras - mércores 15
15 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
“Estudar é + doado se sabes COMO” (4ª Sesión)
17 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Crea o teu propio libro ilustrado
17 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola