Evento: As nosas letras, as nosas cantigas

As nosas letras, as nosas cantigas
xoves, 15 maio, 2025 - 19:30
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

As nosas letras, as nosas cantigas

Concerto do Grupo Argallo, da Asociación Cultural Xacarandaina

Concerto de música tradicional arredor das pandeireteiras e a literatura oral. Un espectáculo que nos achegará de xeito lúdico e participativo ao noso patrimonio inmaterial. Un percorrido musical por toda Galicia, amosando os diferentes xéneros e instrumentacións. 

Argallo é un grupo de pandeireteiras composto neste momento por 11 mulleres de idades moi variadas, profesións de todo tipo e vidas moi diferentes. Desde o ano 1997 pasaron moitas persoas por este grupo pero todas tiñan o mesmo espírito: gozar cantando e tocando, e contaxiar esa enerxía e sentimento a quen as escoita.

Este ano 2025 a Real Academia Galega adica o Día das Letras Galegas ás cantareiras pola súa contribución ao uso, conservación e difusión da nosa lingua e da nosa cultura. 

Duración: 50 minutos

Lugar: Salón de actos

Todos os públicos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Sr. Salvaje
5 de decembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Pablo Lesuit. Camino de las rocas
5 de decembro
Centro Cultural Avenida
Alice Wonder
6 de decembro
Rúa de San Lourenzo, 51-53