Evento: Os Maragatos da porta de San Pedro (Lugo)

Os Maragatos da porta de San Pedro (Lugo)
luns, 17 marzo, 2025 a luns, 31 marzo, 2025
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Os Maragatos da porta de San Pedro (Lugo)

Durante dúas semanas teremos a exposición "Os Maragatos da porta de San Pedro" no vestíbulo da biblioteca.

Cara a 1880, a primeira xeración dos MARAGATOS da Porta de San Pedro (Lugo), o matrimonio formado por TOMÁS PÉREZ CARRO e VICENTA GARCÍA CARRO, procedente de Santa Colomba de Somoza, no corazón da Maragatería leonesa, asentouse fronte á histórica Porta Toledana da Muralla lucense (a actual Porta de San Pedro), converténdose en lucenses. 

A terceira xeración desta familia pon en marcha este proxecto para investigar na historia desta familia, a súa procedencia leonesa e asentamento en Lugo, e a súa especial traxectoria ao servizo do comercio lucense, representada na actualidade polo histórico establecemento que rexe na rúa San Pedro MARÍA DEL CARMEN PÉREZ-CARRO GARCÍA, a máis nova dos membros da terceira xeración dos MARAGATOS DA PORTA DE SAN PEDRO.

Máis eventos de tipo Exposición

Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Antifémina · Colita
25 de marzo a 1 de agosto
Avenida do Burgo das Nacións
A natureza das cousas
26 de marzo a 29 de agosto
Rúa do Vilar, 19