Evento: Galiverso no corazón da pedra

Galiverso no corazón da pedra
mércores, 5 febreiro, 2025 a mércores, 30 abril, 2025
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Galiverso no corazón da pedra

O proxecto do Galiverso estrea unha nova experiencia de realidade virtual, /Galiverso no corazón da pedra/ que propón unha viaxe ás entrañas da nosa terra para descubrir marabillas naturais, arqueolóxicas, etn...

O proxecto do Galiverso estrea unha nova experiencia de realidade virtual, Galiverso no corazón da pedra que propón unha viaxe ás entrañas da nosa terra para descubrir marabillas naturais, arqueolóxicas, etnográficas e históricas do noso territorio nas que a pedra, a que nos moldea e que, grazas á cantería esculpimos desde tempo inmemorial, será a protagonista.
A través do Galiverso no corazón da pedra poderás entrar sen risco en lugares inaccesibles como a cova de Eirós, cos seus gravados e pinturas rupestres, e nalgunhas das salas máis espectaculares da cova do Rei Cintolo. Tamén explorar enclaves singulares como o xacemento romano de Aquis Querquennis, a praia de area negra de Teixidelo ou o afloramento granítico do Penedo de Noiteboa. Ao poñer as lentes tan só tes que escoller no mapa virtual un dos sete destinos que ofrece a experiencia.
Para conseguir trasladalos á contorna dixital, o equipo de produción e gravación contou coa colaboración de expertos en arqueoloxía, historia e patrimonio, como os investigadores Arturo de Lombera Hermida e Tania Mosquera Castro, integrantes do equipo de escavación do xacemento de Eirós, así como persoal da asociación de espeleoloxía ao cargo das visitas á cova do Rei Cintolo, que fixeron de guías e axudaron a documentar da mellor maneira posible cada un dos enclaves.
O Galiverso no corazón da pedra tira proveito, ademais, das tecnoloxías dixitais para introducir elementos interactivos que fan máis interesante e espectacular a experiencia. Móvete con espírito curioso e intenta tocar coas túas mans virtuais calquera cousa que che chame a atención. De seguro atoparás máis dunha sorpresa!
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Caderno de cores e cancións
22 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cartel Monólogo Padre de Familia
PADRE DE FAMILIA. COSAS DE CASA
22 de novembro
TEATRO COMPOSTELA (ANTIGO LA SALLE)
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés