Evento: La Gorgona

  • La Gorgona
La Gorgona
mércores, 19 febreiro, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

La Gorgona

mitoloxía, terror, gótico

A mitoloxía helena fala de tres gorgonas (Medusa é a máis famosa delas) que convertían os homes en pedra cando estes contemplaban o seu rostro. Nalgures en Centroeuropa, no lugar ficticio de Vandorf, unha delas mora nun castelo. Asasina en lúa chea. As autoridades locais tapan estes crimes de maneira inexplicable, fabrican probas falsas para ditar vereditos no seu propio interese. A que teñen medo? Que agochan? Cando o profesor Jules Heitz acode á localidade para asistir ao xuízo do seu fillo morto, ao que cargan cun dos asasinatos, tentará limpar o seu nome, expoñendo a rede de complicidades e a lei do silencio que reina na vila.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes
El mundo conectado
17 de abril
Filmoteca de Galicia
Frágil equilibrio
17 de abril
Filmoteca de Galicia
Ponyo en el acantilado
Ponyo en el acantilado
18 de abril
Filmoteca de Galicia