Evento: Curtas Elena López Riera

Curtas Elena López Riera
mércores, 15 xaneiro, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Curtas Elena López Riera

curtametraxe, drama, documental

PUEBLO. Tras pasar uns anos no estranxeiro, Rafa volve ao seu lugar de orixe reencontrándose con todas as pantasmas das que un día fuxiu. Sumidos na atmosfera espectral da madrugada do Xoves Santo, el e o seu amigo de infancia, Lucas, emprenderán unha fuxida ao fondo da noite.

LAS VÍSCERAS. Unha tarde húmida de verán. A muller agarra o coello, acaríñao, mátao dun golpe seco. Os nenos, os vellos e ata os cans contemplan atentos o ritual cotián da morte.

LOS QUE DESEAN. No sur de España, unha peculiar carreira de pichóns pintados á man premiará non ao máis rápido, senón a aquel que consiga seducir unha pichona e voar o maior tempo posible ao seu lado.

 

Presenta Elena López Riera.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

We Are All for the Fatherland
16 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Proxección de documental no Museo Liste de Vigo
A luz das ánimas
17 de xaneiro
Museo Liste Vigo
dunia
Dunia y otros cuentos del mundo
17 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Crónica de un amor efímero
20 de xaneiro
Filmoteca de Galicia