Evento: As listas de espera. Asistencia demorada, asistencia denegada

As listas de espera. Asistencia demorada, asistencia denegada
mércores, 29 xaneiro, 2025 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

As listas de espera. Asistencia demorada, asistencia denegada

Charla a cargo da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS

A biblioteca cede o espazo á Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS para a realización da charla "As listas de espera. Asistencia demorada, asistencia denegada" que contará coa presencia de Fernando Abraldes, economista e presidente da asociación; Carme Pazos, filóloga e profesora de lingua galega; Xaime López, licenciado en CC.Empresariais e técnico da Administración Xeral e Aida Castro, Fisioterapeuta. 

As listas de espera do Servizo Galego de Saúde son un instrumento esencial para regular os fluxos da demanda de atención especializada, garantir o cumprimento do principio de equidade e a aplicación dos criterios clínicos. Tamén se conforman como un instrumento relevante e decisivo á hora de controlar o proceso de toma de decisións públicas e de garantir a rendición de contas prevista no ordenamento xurídico. 

Nesta xornada, poñerase de manifesto a opacidade que existe sobre esta importante cuestión, abordaremos o marco legal dos dereitos recoñecidos en relación cos tempos máximos de espera, e denunciaremos a realidade concreta que padecemos os pacientes cando estes dereitos se vulneran.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

MEMORIA DEMOCRÁTICA, FEMINISTA, LABORAL. Xornadas
12 de marzo a 10 de abril
Centro Galego de Arte Contemporánea
Actividades de inverno
10 de decembro a 28 de febreiro
Museo Provincial de Pontevedra
Presentación do libro "Habitada", de Cristina Sánchez-Andrade
25 de febreiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés