Evento: Atopar a inspiración no cotiá

Atopar a inspiración no cotiá
martes, 28 xaneiro, 2025 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Atopar a inspiración no cotiá

Obradoiro de cómic autobiográfico a cargo de Pepa Prieto Puy

Celebramos o Día da Ilustración co obradoiro de cómic autobiográfico Atopar a inspiración no cotiá a cargo da ilustradora Pepa Prieto Puy que ten publicado o seu primeiro libro Mis agendas semanales (Apa Apa Cómics, 2024) .

A autora nos falará das súas referencias, non só de cómic senón tamén de cine, música, animación ou publicidade. Das infinitas posibilidades que o medio nos ofrece á hora de compoñer unha páxina, ou de debuxarnos segundo como nos percibimos. De como servirnos do mundo dos soños ou do surrealismo para contar unha historia. De como expresar como nos sentimos con outra linguaxe.

Cada participante creará o seu propio personaxe alter-ego e un cómic curto en forma de fanzine-póster a partir dun dos catro obxectos propostos para a tarefa: un espello, unha rosa, un atrapa-bolboretas e unha botella.

No salón de actos. Actividade dirixida a público adulto. Máximo 20 participantes. Duración aproximada: 2 horas. As persoas interesadas poden recoller as invitacións dende 30 min antes do comezo da actividade.

Podes consultar as normas de reparto das entradas para as actividades cun número de asistentes limitado nesta ligazón.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de xogos de mesa na Sala Infantil
10 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense
Xogando coas letras - mércores 14
14 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense
A física da luz
17 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense
Xogando coas letras - mércores 21
21 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense