Evento: Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo

Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo
xoves, 12 decembro, 2024 - 21:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo

Espectáculo producido pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela

O Salón Teatro acolle a estrea da Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, que este ano representa Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo. Roberto Salgueiro é o responsable desta montaxe que adapta o texto de Rodrigo García, incluíndo algún outro escrito do mesmo autor. Na peza convive unha mestura de violencia e humor, que serve de retrato dunha sociedade afeita a recibir o golpe e aceptar a derrota, a asumila como algo propio do noso ser. Esta é unha obra que converte a risa nun xesto revirado e a gargallada nun corpo contraído.

Duración: 45 minutos

A entrada será gratuíta, previa recollida de localidades no despacho de billetes, aberto dúas horas antes do comezo da función.

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia