Evento: Series TV: Ghuassap

Series TV: Ghuassap
mércores, 19 febreiro, 2025 - 16:00
Aula de cine da Facultade de Comunicación,
Pontevedra

Series TV: Ghuassap

Sesión impartida por Luis Avilés, no marco de AuGAL. Master Class do Audiovisual Galego 2024-2025

AuGAL Master Class do Audiovisual Galego

Un curso máis, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo colaboran na organización de AuGAL Master Class do Audiovisual Galego para afondar nos procesos creativos e técnicos do cinema e a televisión, co foco posto na máis recente produción galega.

Dirixida tanto a estudantes como a profesionais do sector, esta iniciativa formativa ofrece entre os meses de novembro de 2024 e marzo de 2025 a súa 14ª edición arredor de nove sesións con proxeccións, coloquios e o cuarto concurso A Canteira-AuGAL.

Esta sexta sesión está dedicada ás series de televisión a partir do exemplo da produción de Ghuassap, que presentará o seu diretor, Luis Avilés (CTV).

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de inciación á Historia da Arte
Obradoiro de introducción á Historia da Arte
10 de setembro a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
“Estudar é + doado se sabes COMO” (1ª Sesión)
18 de setembro
Biblioteca Pública de Lugo
Minilibretas motivacionais
Libretas Motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola