Evento: Levántate, Xan!. Felipe Caxoto

Levántate, Xan!. Felipe Caxoto
xoves, 5 decembro, 2024 - 17:30 a 18:30
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel,
Vigo

Levántate, Xan!. Felipe Caxoto

Dúas sesións: 17:30 e 18:30 h.

É noite na granxa de Xan. Soa un espertador. Como todas as mañás o galo érguese antes de que saia o sol, sube ao alto do tellado e disponse a cantar dándolle permiso ao Sol para que apareza detrás das montañas. Pero ese día algo sae mal. O galo non ten forzas para cantar; e se o galo non canta todo o mundo sabe que o sol non se levanta…

Non será que Xan se esqueceu de darlle a cea aos animais antes de ir para a cama a noite anterior?

Duración: 30 minutos.

De 0 a 3 anos, dous pases: 17.30 e 18.30.

Inscrición previa, presencial ou no teléfono 886 120 445, dende a o luns anterior á actividade.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

De ida e volta
23 de outubro
Casa da Cultura Ramón Martínez López
Viaxa cos libros
Viaxa cos libros
30 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
transparentar
Transparentar
13 de novembro
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Imaxe
Inventoras con mentes curiosas
14 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal