Evento: Imprenta tipográfica creativa

Imprenta tipográfica creativa
venres, 13 decembro, 2024 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Imprenta tipográfica creativa

Obradoiro a cargo de Alouette Machine

Celebramos o Día da Edición, que conmemora o aniversario do nacemento de Ánxel Casal, co obradoiro “Imprenta tipográfica creativa” da man de Alouette Machine. Como se imprimían os libros antigamente? Alouette Machine é unha imprenta itinerante que traballa coa Tipografía, recuperando esta técnica artesanal. Neste obradoiro faremos un equipo de impresores/as coas persoas participantes e crearemos un mini libro sobre o editor Ánxel Casal. Empregaremos o material de época: tipografías de madeira, as prensas de impresión, rolos, tintas e papeis.

No salón de actos.  Para 15 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Podes consultar as normas de reparto das entradas para as actividades cun número de asistentes limitado nesta ligazón.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Minilibretas motivacionais
Libretas Motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Con outras palabras: achégate á tradución
29 de setembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Viaxando con lapis e papel
23 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés