Evento: Lémbrame, Spominaj na mnje

Lémbrame, Spominaj na mnje
martes, 15 outubro, 2024 - 18:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Lémbrame, Spominaj na mnje

Estrea desta coprodución do Centro Dramático Galego no marco do XXIX Festival Internacional de Galiquecres 2024

O Salón Teatro acolle a estrea desta peza de marionetas, dentro da carteleira do XXIX Festival Internacional de Galiquecres 2024. Este espectáculo teatral é unha coprodución entre o Centro Dramático Galego e o Deutsch-Sorbisches Volkstheater Bautzen e conta con artistas tanto galegos como alemáns e a intención e darlle valor a dúas linguas: o galego e o sorobio. Realizada no marco do proxecto europeo PHONE, Lémbrame, Spominaje na mnje está dirixida por Tim Heilmann e conta con dramaturxia dos galegos Alba Grande e Borja Insúa. A obra trata sobre un vello muiñeiro e o seu muíño, o avance do tempo ameaza con desprazar e acabar co oficio que foi transmitido de xeración en xeración. Cando a morte chega a súa porta, o muiñeiro escapa comezando así a gran persecución entre o muiñeiro e a morte.

Idades recomendadas: a partir de 10 anos
Duración: 45 minutos
Técnica: monicreque de mesa, obxecto, máscara e teatro
Idioma: galego e sorobio (sorbisch)

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

A xira do cuarto de século
11 de xullo
Espazo Cultural da rúa Camilo José Cela
Os Bolechas e o gran reto
16 de xullo
Patio do CEIP de Pedrouzos
Os Bolechas e o gran reto
18 de xullo
Praza Juan Salgueiro
Os Bolechas e o gran reto
19 de xullo
Peirao de Arcade