Evento: The Witch, un espectáculo ritual

The Witch, un espectáculo ritual
domingo, 3 novembro, 2024 - 20:00
Auditorio Municipal de Cedeira,
Cedeira

The Witch, un espectáculo ritual

Espectáculo da Compañía Diana Sieira

The Witch é unha invocación aos elementos. Unha palabra máxica. Unha liberación. Un espectáculo ritual que convida ao público a vivilo.

Dentro, Ela-Actriz, Ela-Menciñeira e Ela-Witch entrelazan as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción para rematar nunha danza catárquica que as levará á fogueira (ou non). Pois as tres son unha. E unha son as tres.

A Inquisición observa, pero neste ritual, o público é soberano.

O ESPECTÁCULO

The Witch cóntanos a historia dunha das miles de mulleres acusadas por bruxería na Idade Media. A través dunha dramaturxia fragmentada veremos á actriz que nos relata desde a comedia e a farsa a historia da caza de bruxas; á menciñeira ocupada entre plantas e ungüentos; e á muller encarcerada que se enfronta a un xuízo do que non sabe como sairá parada. Mentres, o público, a modo de xogo, realiza pequenos rituales desde a súa butaca. Para cando chegue o final poderá responder: ¿Queremos queimar á bruxa ou desexamos a súa liberación?

Intérprete: Diana Sieira

Voz en off: Manuel Lourenzo

Voz en off: Marita Martínez

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os tres porquiños
6 de decembro, 18:00
Auditorio Municipal Manuel María - O Carballiño - Ourense
Manual de Patronaxe
6 de decembro, 20:30
Pazo da cultura - Narón - A Coruña
Nube nube sol
7 de decembro, 17:30
Auditorio Baldomero Cores - Cee - A Coruña
Rosalía, a pulga que escribía
7 de decembro, 18:30
Teatro Coliseo Noela - Noia - A Coruña