Evento: Broches e chaveiros para grandes lectoras e lectores

Broches e chaveiros para grandes lectoras e lectores
mércores, 16 outubro, 2024 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Broches e chaveiros para grandes lectoras e lectores

Obradoiro a cargo de O faiado de Nin

Obradoiro no que as pequenas e pequenos participantes elaborarán uns orixinais broches e chaveiros mini- libro mediante o uso de materiais como feltro, goma-eva, abelorios, lazos e apliques. Actividade moi dinámica na que cada participante poderá elaborar varios modelos para si mesma ou para agasallar a quen queira.

Na sala infantil. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Xogando coas letras - mércores 29
29 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
“Estudar é + doado se sabes COMO” (6ª Sesión)
31 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Investigación de mensaxes secretas
31 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiro de Halloween
31 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo