Evento: “Cantigaéverso” de Castro&Welicki

“Cantigaéverso” de Castro&Welicki
venres, 2 agosto, 2024 - 20:30
Salón García,
Vilagarcía de Arousa

“Cantigaéverso” de Castro&Welicki

Unha nova proposta da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) no programa FalaRedes onde a música e a literatura son protagonistas.

"Cantigaéverso" é o título deste proxecto musical no que Francisco Castro e Federico Welicki repasan e revisitan os clásicos da poesía galega musicada.

Os dous músicos en escena, reforzados por un percusionista e una corista, fan unha viaxe completa pola historia das composición poéticas que versionaron os nosos grandes músicos. Durante a actuación, mestúrase a explicación e a música poetizada. Unha experiencia musical na que se escoitarán arredor de quince cancións interpretadas e cantadas por Castro&Welicki, todas elas importantes poemas de importantes poetas da nosa tradición literaria.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Latexos
11 de setembro, 19:30
Praza de Macías - Padrón - A Coruña
Latexos
18 de setembro, 19:00
Casa do Médico - Muras - Lugo
Latexos
19 de setembro, 19:00
Casa da Cultura - Sandiás - Ourense
Latexos
26 de setembro, 18:00
Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán - O Barco de Valdeorras - Ourense