Evento: Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o verán

  • Actividades no Museo Liste de Vigo
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o verán
luns, 1 xullo, 2024 a luns, 30 setembro, 2024
Museo Liste Vigo,
Vigo

Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o verán

Actividades e exposicións no Museo Liste para o terceiro trimestre do ano

O Museo Etnográfico Liste de Vigo presenta a súa nova programación de actividades para o terceiro trimestre de 2024, de xullo a setembro.

O programa inclúe información sobre:

A exposición temporal "Queridos obxectos: nostalxia e sedución"

Os obradoiros "emerxentes". Trátase de que o museo, como lugar de encontro e creador de experiencias que propician a interactividade, traballa con grupos, guiados por educadoras, para mergullarse no tema suxerido a través da contemplación, a manipulación, a construción, a comparativa e a reflexión. As propostas son as seguintes:

"A emoción, un atallo da memoria". A cultura como ferramenta terapéutica.
"Mans, espazo creativo". Visita inclusiva adaptada a persoas con discapacidade visual e auditiva.
"Entre culturas". Intercambio cultural e integrador para persoas inmigrantes.
"Diarios de memoria". Dirixidos aos nosos maiores perseguindo o enriquecemento mutuo.
"Sororidade". Enfoque de xénero na etnografía.
"Alianzas de colaboración". Campañas dirixidas ao asociacionismo afondando en intereses comúns

Por outra banda, as actividades especiais para o verán: "Os sons do traballo", "Mariano Marcos Abalo: a vida debuxada", "Bruxuleando", "Nunha aldea de Galicia..." e "Misión imposible".

A programación especial no verán é a "noite branca", o 26 de xullo.

A información completa pódese consultar nesta ligazón do Museo Liste

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello