Evento: Real Filharmonía de Galicia-Marianne e Maddalena

Real Filharmonía de Galicia-Marianne e Maddalena
xoves, 13 febreiro, 2025 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Real Filharmonía de Galicia-Marianne e Maddalena

Concerto enmarcado no programa de abono da Real Filharmonía de Galicia, titulado "Inconformistas".  

REAL FILHARMONÍA DE GALICIAChloé van der Soeterstède, directoraNadège Rochat, violonchelo
Fanny Mendelssohn: Abertura en DoAnna Clyne: Dance for Cello and OrchestraLudwig van Beethoven: Sinfonía núm. 8 en Fa maior, op. 93

Fanny Mendelssohn é unha das compositoras recuperadas nos últimos anos. A súa Abertura en Do, única obra orquestral asinada pola compositora, foi estreada nas coñecidas Sonntagsmusiken berlinesas que organizaba na súa casa e que chegaron a acoller máis de 300 persoas. A británica Anna Clyne si goza en vida de todos os recoñecementos á súa traxectoria. Presente nas temporadas das orquestras internacionais, a súa Dance for Cello and Orchestra foi definida pola crítica como unha das pezas máis conmovedoras da música contemporánea.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Chuches Amil 
13 de agosto
Lodoselo
Martin Human 
13 de agosto
Rúa Rosalía de Castro
Black
13 de agosto
Praza da Galicia
Mad Martin Trío
14 de agosto
Paseo do Malecón