Evento: Luis Piedrahita-Apocalípticamente correcto

Luis Piedrahita-Apocalípticamente correcto
sábado, 10 maio, 2025 - 21:00
Rúa do Preguntoiro, 23,
Santiago de Compostela

Luis Piedrahita-Apocalípticamente correcto

Apocalípticamente correcto é o novo show de Luis Piedrahita, un monólogo cheo de enxeño e humor no que analiza que é iso da liberdade. Piedrahita investiga neste espectáculo os absurdos e contradicións da nosa ...

Apocalípticamente correcto é o novo show de Luis Piedrahita, un monólogo cheo de enxeño e humor no que analiza que é iso da liberdade. Piedrahita investiga neste espectáculo os absurdos e contradicións da nosa vida cotiá coa intención de pescudar, dunha vez por todas, de que está feita a liberdade e para que serve.
O ser humano sempre quere facer o que lle dá a gana, pero iso é posible? Pódese ser libre ou o noso destino está escrito de antemán e non podemos cambialo? Luis analiza con ironía o horóscopo, que é a proba incontestable de que o noso destino está escrito nas estrelas, e as autocaravanas camperizadas, que simbolizan a liberdade e son a proba irrefutable de que o noso destino só está escrito nos mapas de estradas e na sección de ofertas de Leroy Merlin.
Ademais, cuestionará algunhas verdades asumidas pola nosa sociedade como a existencia das anguías eléctricas ou os tornados. E ninguén pode dicirlle nada, porque Piedrahita fai isto por unha soa razón, polo motivo máis nobre que existe: porque lle da a gana.
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

De ida e volta
23 de outubro
Casa da Cultura Ramón Martínez López
Viaxa cos libros
Viaxa cos libros
30 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
transparentar
Transparentar
13 de novembro
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Imaxe
Inventoras con mentes curiosas
14 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal