Evento: Atardecer no Gaiás 2024- A Pedreira

Atardecer no Gaiás 2024- A Pedreira
xoves, 18 xullo, 2024 - 21:00
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

Atardecer no Gaiás 2024- A Pedreira

Este 2024 o ciclo */Atardecer no Gaiás/* trae *16 concertos gratuítos, os xoves e venres entre o 4 de xullo e o 30 de agosto*, para gozar dos mellores solpores do verán en Compostela.  

A Pedreira é o proxecto en solitario de Ugia Pedreira, unha cantora das de verdade. Folk, ska, electrónica, latino, tradi... innumerables e heterodoxas son as súas creacións e colaboracións con artistas como Guadi Galego, Dulce Pontes, Narf, Jorge Drexler ou Banda Bassoti, por citar unhas poucas. En Atardecer no Gaiás escoitaremos acabado de saír do forno o seu disco Basal, unha viaxe polas diferentes Pedreiras, desde a nai ata a nena que subiu por vez primeira a un escenario con 14 anos.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Xove Orquestra Terra Nova
15 de xaneiro
Biblioteca Pública de Lugo
Orquestra Sinfónica de Galicia
15 de xaneiro
Avenida do Burgo das Nacións