Evento: María Faltri. Picadiscos

María Faltri. Picadiscos
domingo, 8 setembro, 2024 - 11:45
Monte do Gozo,
Santiago de Compostela

María Faltri. Picadiscos

Un espectáculo do FalaRedes cunha vocalista de longa traxectoria na música infantil galega.

María Faltri, tamén vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo María brindaralle aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de xogar e bailar. Tamén para que aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Os Bolechas e o gran reto
1 de agosto, 20:00
Praza do Floreal - Cedeira - A Coruña
Os Bolechas e o gran reto
4 de agosto, 11:30
Praza do Centro Multifuncional Xesús Mato Mato - Paradela - Lugo
Os Bolechas e o gran reto
5 de agosto, 20:00
Praza do Corgo - O Grove - Pontevedra
Vinde todas
8 de agosto, 17:00
Área recreativa do río Vaa - Malpica de Bergantiños - A Coruña