Evento: Maria Mazzotta-Amoreamaro

Maria Mazzotta-Amoreamaro
mércores, 19 xuño, 2024 - 20:00
Rúa Nova, 22,
Santiago de Compostela

Maria Mazzotta-Amoreamaro

A italiana Maria Mazzotta é unha das voces máis apreciadas da world music europea. Os seus concertos atrapan o público e mergúllano nunha viaxe a través das emocións da alma, atopando no canto e na tradición po...

A italiana Maria Mazzotta é unha das voces máis apreciadas da world music europea. Os seus concertos atrapan o público e mergúllano nunha viaxe a través das emocións da alma, atopando no canto e na tradición popular salentina do sur de Italia, o vehículo perfecto para experimentar a catarse, a forza, o amor ou o esquecemento. Chega agora por primeira vez a Galicia acompañada do acordeonista Antonio de Luca.
Coa súa xira do seu álbumdebut, Amoreamaro, Mazotta ofreceu oitenta concertos en máis dunha vintena de países europeos cos que teceu unha viaxe musical e emocional polos ritmos do sur de Italia, con temas tradicionais atravesados por novas sonoridades e letras e éxitos que labraron o camiño cara á grande canzone italiana, da man de artistas como Domenico Modugno ou Rosa Balistreli. 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto de Pava dúo
23 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto Schola Gregoriana Lucensis
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Robert Finley
24 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5