Evento: Contos para caghar patatillas

Contos para caghar patatillas
venres, 4 abril, 2025 - 18:30
Sala Bahía,
Foz

Contos para caghar patatillas

Espectáculo de Teatro a cargo de Brais das Hortas

Quen ten cu, ten medo. Iso non é malo : é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo.

Diso falan estes contos, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis.

Historias que falan de pedras que se converten en xigantes, un romance galego que canta a aposta de dous amigos nun cemiterio, un león e unha elefanta no medio da noite na sabana africana, unha nena que escoita por vez primeira a tormenta... Historias que saen dunha vella maleta escondida no faiado nunha noite de inverno.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Compaña
10 de maio, 12:30
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra
Moby Dick
10 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
As fillas bravas de Momán
10 de maio, 20:00
Aula Municipal de Cultura - Betanzos - A Coruña
Castelao
11 de maio, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña