Evento: Orgullo da nosa lingua

Orgullo da nosa lingua
luns, 6 maio, 2024 a domingo, 12 maio, 2024
Rúa Peonil,
Boiro

Orgullo da nosa lingua

Exposición sobre o galego

A exposición Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir chegará en maio e xuño a catro entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Boiro, Cambados, Ribadeo e Betanzos.

A mostra consta de 9 paneis que percorren particularidades do galego co fin de mostrar o seu valor e a súa riqueza, alimentar o sentimento de pertenza e convidar a cidadanía a falalo. A exposición poderá visitarse por libre ou ben coa guía dunha persoa dinamizadora que atenderá os asistentes en horario establecido por cada concello.

A través dun código QR, os viandantes tamén poderán interactuar desde os seus móbiles e participar no sorteo de distintos premios (entradas, lotes de libros, cadernos...).

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Os Bolechas: Karaoke deportivo
28 de xullo, 12:00
Campo do Viso - Carnota - A Coruña
Os Bolechas: Karaoke deportivo
28 de xullo, 12:00
Campo do Viso - Carnota - A Coruña
Deitado na area
28 de xullo, 21:00
Casa da Cultura - Pontedeume - A Coruña
Os Bolechas: Karaoke deportivo
30 de xullo, 12:00
Pazo da Crega - Barro - Pontevedra