Evento: Lætitia Sadier&The Source Ensemble

Lætitia Sadier&The Source Ensemble
xoves, 30 maio, 2024 - 21:00
Rúa do Preguntoiro, 35,
Santiago de Compostela

Lætitia Sadier&The Source Ensemble

Letrista, guitarrista, teclista, compositora, Lætitia Sadier é unha das grandes personalidades do pop moderno. A súa música aúna a esencia da súa admirada Brigitte Fontaine, o krautrock ou a música brasileira, ...

Letrista, guitarrista, teclista, compositora, Lætitia Sadier é unha das grandes personalidades do pop moderno. A súa música aúna a esencia da súa admirada Brigitte Fontaine, o krautrock ou a música brasileira, elementos que perviviron tanto na súa carreira en solitario coma nos seus proxectos Stereolab e Monade.
Lonxe de estancarse, a artista francesa non deixou de traballar para conseguir unha voz propia, musical e politicamente (para ela, a música e a política van da man), ademais dun son que lle pertenza, co que se identifique ao cento por cento. Cunha notable e orixinal técnica guitarrística, e con esa capacidade para armar exquisitas pezas persoais e sen estridencias, segue asinando algunhas das páxinas máis brillantes do pop actual.
 

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Abril no ciclo Sons de peto da USC
Concerto de ABRIL
7 de outubro
Igrexa da Universidade
The Screamin' Cheetah Wheelies
7 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5