Evento: Romería de San Lázaro-Festa da Uña 2024
Romería de San Lázaro-Festa da Uña 2024
Coincidindo co Quinto Domingo de Coresma, tamén chamado 'Domingo de Lázaro' ou 'Domingo de Paixón', que dá paso á Semana Santa co Domingo de Ramos, o compostelán barrio de San Lázaro celebra durante tres xornadas unha das súas festas relixiosas e gastronómicas máis tradicionais, a Festa da Uña.
A festa inclúe cada ano diversos oficios relixiosos en honor a San Lázaro e a tradicional romaría na que se celebra a gran poxa de pezuños e outras pezas de porco ofrecidas ao santo.
Centenares de veciños reúnense cada ano durante eses días nos restaurantes de todo o barrio, situado no Camiño Francés, para degustar o tradicional prato da 'Festa da Uña': uñas de porco con bertóns de col (servidas habitualmente con chourizo e patacas) e gozar dunha das celebracións máis antigas da cidade.
A Festa da Uña 2024 está dedicada á memoria de Casilda Porto, "Chila", muller de barrio e para o barrio. Organiza: Asociación “Orde da Uña”
PROGRAMA
Sábado 16 MARZO
- 9:00-13:00 Alborada con Gaiteiros Os Enxebres de San Lázaro
- 11:00-15:00 Pasarrúas con Charanga Fanfarria Furruxa
- 15:00 Sesión Vermut con JB SON
- 22:00 Verbena amenizada por JB SON e Orquesta Cinema
Domingo 17 MARZO
- 9:00-13:00 Alborada con Gaiteiros Os Enxebres de San Lázaro
- 11:00-15:00 Pasarrúas con Charanga BB+
- 15:00 Sesión Vermut con Charanga BB+
- 19:00 Actuación da Banda das Crechas
- 22:00 Verbena amenizada Orquestra América
Luns 18 MARZO
- 11:45 Subasta das Uñas
- 12:30 Concerto da Banda Municipal de Música de Santiago
- 23:00 Verbena amenizada por París de Noia
MISAS
Sábado:
- 19:30 hrs.
Domingo:
- 9:00-10:00-11:00 hrs. Misa solemne ás 12:00 e ás 12:30 procesión. 13:00 e 18:00 hrs.
Luns:
- 11:00 hrs. (Despois celebrarase a tradicional poxa de uñas).
ONDE COMER AS UÑAS DE SAN LÁZARO
BARRIO DE SAN LÁZARO:
CARPA DA PRAZA DA IGREXA - Pulpería GuerraSó o domingo
A CASA DA VIÑARúa de San Lázaro, 54. T: 981 58 64 59Venres e sábado, 13:30 a 15:30 e 21:00 a 23:30Domingo e luns, 13:30 a 15:30 A GRELLARúa do Vintecinco de Xullo, 35. T: 981 58 02 66Venres, sábado, domingo e luns, 13:30 a 16:00 e 20:30 a 00:00 A TABERNA DE SAN LÁZARORúa de San Lázaro, 96. T: 881 940 385
DOÑA ANARúa de San Lázaro, 85. T: 981 93 53 44 - 698 10 85 69Venres, sábado e luns, 12:30 a 17:00 e 20:30 a 00:00Domingo, 12:30 a 17:00HOSTAL SAN LÁZARORúa do Valiño, 1. T: 981 58 43 44
LA BODEGUILLA DE SAN LÁZARORúa de San Lázaro, 104. T: 981 56 66 07Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 20:00 a 23:00 LA FINCARúa de San Lázaro, 103. T: 981 58 03 61 – 629 88 55 38Sábado e luns: 13:00 a 16:00 e 20:00 a 23:00Venres: só por encargo* MESÓN DE LÁZARORúa de San Lázaro, 73. T: 981 57 65 25O AFIADORRúa do Valiño, 2. T: 981 57 37 89Venres, sábado, domingo e luns O MUIÑEIRORúa da Muíña, 2. T: 881 03 12 11Venres, sábado, domingo e luns O TANGUEIROPonte de San Lázaro, 10. T: 644 64 92 07Domingo e luns, 13:00 a 17:00 e 20:00 a 23:30 PEDRA SANTACosta de San Marcos, 18. T: 981 55 74 15Venres, sábado, luns e martes, 13:00 a 16:00 e 21:00 a 23:00OUTROS BARRIOS: NEGREIRAAvenida de San Marcos 4. T: 881 03 18 91 A CALZADARúa de San Marcos, 52. T: 981 57 14 33Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 20:00 a 23:00Menú por encargo*RUTA JACOBEAA Lavacolla, 41. T: 981 88 82 11Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 17:00 e 20:00 a 00:00SABUGUEIRALugar de Noval, 10. A Lavacolla. T: 981 897 344/ 674 644 141Sábado, domingo, luns (xantar e cena)ULTREIALugar de Noval, 45. A Lavacolla. T: 981 89 70 79Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 20:00 a 00:00 TABERNA DA FEIRASalgueiriños, 24. T: 981 93 84 00Venres, sábado, domingo e luns, 12:30 a 16:00 e 20:00 a 00:00 DON QUIJOTERúa das Galeras, 20. T: 981 58 68 59Venres, sábado, domingo e luns, 12:00 a 16:00 ey 20:00 a 23.30 O BO XANTARRúa Torreira, 18. T: 981 94 30 78Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 21:00 a 23:30 A NAVE DE VIDÁNAvenida da Mestra Victoria Míguez, 44. T: 616 99 60 76Sábado, 13:00 a 16:00 e 21:00 a 00:00Domingo e luns, 13:00 a 16:30 e 20:00 a 22:30 PAZ NOGUEIRARúa do Castiñeiriño, 14. T: 981 59 14 36Venres, sábado, domingo (domingo noite e luns pechado).Reserva previa recomendada.
REDESRúa dos Bautizados, 7. T: 620 91 43 46Venres, sábado, domingo e luns a mediodía. Baixo petición.
(NOTA: Información recompilada por Turismo de Santiago coa colaboración da Asociación Gastronómica Cultural “Orde da Uña”. Se o teu bar/restaurante debería aparecer no listado, por favor contacta con marketing@santiagoturismo.com)