Evento: Bailador

Bailador
venres, 24 maio, 2024 - 21:00
Praza da Igrexa,
Lalín
Espectáculo de danza galega contemporánea a cargo da Cía. Óscar Cobos

BAILADOR é un espectáculo de danza galega contemporanea baseado nas músicas de Berrogüetto. Trátase de unha obra coreográfica que, dende o movemento, rinde unha profunda homenaxe a unha música que non naceu para ser bailada, onde a danza de raiz galega mistúrase con outras linguaxes do movemento para darlle un sentido corporal á música dun grupo que transformou o xeito de entender a música da nosa terra.

BAILADOR reivindica o papel fundamental da muller galega como preservadora e transmisora da nosa sabedoría popular. Se o noso baile chegou ata os nosos dias foi grazas a elas: mulleres eclipsadas da nosa historia que en moitos casos, non se atrevían a levar o baile por mor de verse rexeitadas no seu círculo mais próximo e que foron quenes de perpetuar no tempo as formas danzadas que configuran o noso baile en todo o pais, facendo gala, en moitos caos, de habilidades únicas.

BAILADOR é un espectáculo de mulleres interpretado por mulleres. É a nosa danza dende o prisma do femenino. É un conto sen historia onde a música e a danza explícanse a si mesmas, un divertimento apto para todos os públicos, unha contradicción en si mesma que da conta de que "nos somos porque elas están, e non ao reves"

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Maruxiña
Maruxiña
8 de novembro, 12:00
Sala Bahía - Foz - Lugo
Nube nube sol
8 de novembro, 17:30
Auditorio da Casa da Cultura - Outes - A Coruña
¡Que brisa, la risa!
8 de novembro, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
o_libro_da_selva
O libro da selva. O musical
8 de novembro, 18:00
Auditorio Pazo da Cultura - Pontevedra - Pontevedra