Evento: Solo
Solo
Espectáculo de teatro a cargo de Roi Borrallas
O hábitat natural de calquera pallaso é a escena, co seu público. Pero que pasa cando queda só? É no camerino onde se mestura a persoa e o personaxe. Onde se desdebuxa a liña que os separa. Un limbo que non é o escenario nin a vida real. É nesa fronteira onde ten lugar este espectáculo… Pasen e vexan a trastenda deste artista, as súas ideas e tolemias. Vexan como se defende da soidade e a rutina con imaxinación e humor. Pasen e vexan o que ninguén ve. Unha persoa ante si mesma. Un actor sen público, un pallaso cando ninguén o observa.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
6 de decembro, 18:00
Auditorio Municipal Manuel María - O Carballiño - Ourense
6 de decembro, 20:30
Pazo da cultura - Narón - A Coruña
7 de decembro, 17:30
Auditorio Baldomero Cores - Cee - A Coruña
7 de decembro, 18:30
Teatro Coliseo Noela - Noia - A Coruña