Evento: Barreiro. O silencio que chove luz na xanela

Barreiro. O silencio que chove luz na xanela
mércores, 29 novembro, 2023 a domingo, 28 abril, 2024
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Barreiro. O silencio que chove luz na xanela

O Museo Centro Gaiás recolle unha selección de pinturas e debuxos de *José María Barreiro* nunha exposición coa que se rende homenaxe ao pintor de Forcarei, continuador da renovación do vangardismo histórico e ...

O Museo Centro Gaiás recolle unha selección de pinturas e debuxos de José María Barreiro nunha exposición coa que se rende homenaxe ao pintor de Forcarei, continuador da renovación do vangardismo histórico e postvangardismo de Laxeiro.
A mostra, céntrase na obra de Barreiro nos últimos 60 anos (1963-2023) cun percorrido que nos leva polos distintos lugares da súa vida. Barreiro, o silencio que chove luz na xanela debe o seu título a un texto de Lugrís dedicado ao artista, e que deixa constancia da importancia que teñen tamén os textos na sala, con poemas de Oroza e escritos de Cunqueiro, Laxeiro e José Hierro. Para completar a visión sobre a figura do autor, a exposición conta con varias esculturas, documentos e dúas instalacións audivisuais.
A mostra está comisariada por Pilar Corredoira, historiadora da Arte, e Xosé Antón Castro, doutor en Historia da Arte. Ambos os dous estruturaron a exposición fundindo diacronía e sincronía, tendo en conta os lugares da vida do artista (Pontevedra, Madrid, parís, Vigo, Buenos Aires e Santa María de Cela) e coa pretensión de ahcegarse ao Barreiro máis íntimo e humano.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona