Evento: A Voltas co Baile

A Voltas co Baile
sábado, 30 setembro, 2023 - 10:30
Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval s/n,
Santiago de Compostela

A Voltas co Baile

O sentido de comunidade nos espazos e prácticas do baile

O sábado 30 de setembro o Museo do Pobo Galego retoma a actividade "A voltas co baile" para reflexionar sobre o sentido de comunidade nos espazos e prácticas nas que se desenvolve.

Programa:

10h30-11h30. Relatorio. 'Ao coidado do patrimonio inmaterial. Repensando a música e o baile tradicionais como bens mancomunados'. Con Xulia Feixoo.

11h45-12h45. Relatorio. 'Arredor do patrimonio cultural inmaterial colectivo. Viaxe a unha declaración BIC'. Con Beatriz Busto Miramontes.

13h-14h. Mesa redonda. 'Foliada, ruada, serán... O encontro da comunidade a través do baile'. Contaremos con Adrián Méndez pola Foliada da Fonsagrada, Chus Caramés polos Encontros de música tradicional de Carboeiro (Silleda) e Lucinda Barcia e Monserrat Alvariño Barcia polo Serán dos Namorados (Toutón, Mondariz).

14h-20h. FOLIADA. No xardín da ala sur do Museo e co-organizada coa AVV A Xuntanza e o grupo das Festas do Barrio de S. Pedro. Será formato romaría e contará coa actuación inicial do grupo Canta Madeira, do barrio de San Pedro.

Inscricións para a xornada teórica en servizosdeac@museodopobo.gal antes do 29 de setembro.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal