Evento: UVA: Unha carpeta de gravados sobre o mundo do viño

  • Gravados para unha perspectiva artística do cultivo do viño. No Museo do Viño de Galicia
UVA: Unha carpeta de gravados sobre o mundo do viño
xoves, 14 setembro, 2023 a domingo, 31 decembro, 2023
Museo do Viño de Galicia,
Ribadavia

UVA: Unha carpeta de gravados sobre o mundo do viño

Gravados de Xosé Poldras

O obxectivo principal desta mostra é enriquecer a colección do Museo do Viño de Galicia a través dunha perspectiva artística da elaboración do viño.

Comisariada por Carlota Barrenetxea García-Rodeja, a exposición amosa unha carpeta de sete gravados onde o artista, Xosé Poldras, reflexiona sobre o viño e a súa fabricación. Poldras, artista coruñés especializado na técnica de gravado, crea imaxes relacionadas coas etapas da creación do viño: a plantación das cepas, a poda, a recollida da uva, a creación do mosto, etcétera.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n