Evento: Obradoiro “O ContoXogo: palabras que crean”
Obradoiro “O ContoXogo: palabras que crean”
Obradoiro no que, partindo de diferentes palabras, crearemos unha historia conxunta, a modo de cadáver exquisito.
Cada participante elixirá unhas tarxetas con nomes, espazos, obxectos, personaxes... e entre todas iremos fiando a historia. Que pode saír desta experiencia?
Hai miles de posibilidades, dende vaquiñas motorizadas que van de excursión a ver o mar, ata nenas que viaxan no tempo e descobren a historia en primeira persoa... Un sen fin de historias posibles, froito da espontaneidade e da enerxía do momento.
No salón de actos.
Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos.
As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información desde 30 min antes do comezo da actividade.
Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España) e está dirixida a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.
Máis eventos de tipo Obradoiro