Evento: Non teño medo!

Non teño medo!
sábado, 23 setembro, 2023 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Non teño medo!

A cargo de Galeatro

Tomé é un neno que ten medo. Ten medo á escuridade, a ir ao dentista, a estar só... Sempre pensa que algo malo lle vai pasar. Pero un día atopa un misterioso amigo que lle axudará a superalo.

Non teño medo! trata sobre o medo, sobre como nos enfrontamos a el e sobre como podemos axudar a superalo. Porque todos tivemos medo algunha vez e aínda o temos de vez en cando aínda que digamos: "Non teño medo!" 

No salón de actos.

Para nenas e nenos de 3 a 8 anos.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Viaxa cos libros
Viaxa cos libros
30 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
transparentar
Transparentar
13 de novembro
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Imaxe
Inventoras con mentes curiosas
14 de novembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Pan de broa
25 de outubro
Auditorio da Casa da Cultura