Evento: Sabela Cereijo

Sabela Cereijo
venres, 8 setembro, 2023 - 22:00
Casino de Vigo,
Vigo

Sabela Cereijo

Concerto da cantante galega.

Sabela Cereijo é unha cantante e compositora con máis de 15 anos de escenarios ás súas costas. Hai 7 anos cruzouse con Isaac Garabatos (guitarrista, produtor e compositor) e xuntos decidiron emprender unha aventura que se materializou co seu disco Seguindo o xogo.

Un álbum cun son uniforme de banda, que se move entre o Pop, Rock, o Soul e ata o Swing, elegante e coidado, cheo de enerxía e emoción e onde deixa fluír as súas influencias soul.

A cantante e compositora viguesa que comeza a súa carreira na TVG no ano 2002. Desde entón, traballou en grandes producións musicais como Hoxe non me podo levantar, Ángeles Desángelados ou Edipo Rey, formou parte de coros de Gospel en Vigo e Madrid, viaxou por todo o mundo cantando en teatros de barcos de cruceiros e desde o seu regreso a España, volveu á TV, formou varias bandas vocais como Cherry Sweet e atopou unha gran paixón na docencia, impartindo clases de técnica vocal e dirixindo o coro Simia Coro Show (Vigo).

  • Papá . Sabela Cereijo (Siguiendo el juego 2019)

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Charanga Bicoia
23 de xuño
Cortegada
Tanto Nos Ten
23 de xuño
Peirao de Arcade