Evento: Noitinhas 2023 Zuaraz

Noitinhas 2023 Zuaraz
mércores, 7 xuño, 2023 a venres, 7 xullo, 2023
Avda. do Burgo das Nacións, s/n,
Santiago de Compostela

Noitinhas 2023 Zuaraz

O ciclo gastronómico e musical noitiNHas MUSIC volve a partir deste próximo mércores 7 de xuño con catro novas datas de balde e sen reserva previa de convite. Os eventos terán lugar, nesta 6ª entrega da iniciat...

As portas do NH Collection Santiago volverán a abrirse para todo tipo de públicos cunha selección musical de bolero, cumbia, salsa, calipso, cha cha cha e latin soul da man de Coque Dosil tralo pseudónimo de Pasadena.
A continuación será o turno do concerto de Zuaraz, un combo mexicano-galego que ven de presentar en Madrid o seu novo traballo e que aposta pola recuperación dos códigos do bolero e a canción melódica latinoamericana dende a mirada dun novo son alterlatino.
Innovando nos fogóns o chef convidado Nacho Moreira, procedente do restaurante coruñés La Esquina de Valentina, que preparará para a ocasión “hamburguesa de alcachofa e yuz”. Traballando man a man xunto a el estará o equipo de cociña do NH Collection Santiago, que preparará petiscos de atún, sésamo e mostaza con arroz frito, millo, salmón mariñado e ensalada encurtida e ravioli frito de papada e orella con cítricos.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Deitado na area
24 de xullo
Xardín Umbrío
Eh, Sabina!
24 de xullo
Porto
Sons Celtas do Barroco
25 de xullo
Igrexa de San Marcos
As aventuras de Jazzy e Blusy
25 de xullo
Alameda José Veiga Roel