Evento: XMC- As dramaturxias vocais na ópera

XMC- As dramaturxias vocais na ópera
mércores, 14 xuño, 2023 - 19:00
Auditorio de Galicia,
Santiago de Compostela

XMC- As dramaturxias vocais na ópera

Charla sobre ópera e arte.

Di un aserto que o que non se nomea non existe; pero aínda hai algo peor; que exista e que non se nomee, ben por descoñecemento, ben para invisibilizalo. A ópera no século XXI afírmase como unha das expresións artísticas que con maior fondura reflexiona sobre a problemática que atravesa ao ser humano: as sexualidades marxinadas, o cambio climático, as sociedades ‘hipertecnoloxizadas’ ou a soidade dos anciáns. A ópera convértese nun potente vector do cambio dentro das artes, dado o poder transformador  que teñen a música, o texto e a escena conectados ao mesmo tempo. A segunda e última charla destas Xornadas céntrase en dar a coñecer estas óperas, das que apenas chega un velado eco a pesar de situarse moitas delas no centro do debate social. Alexina B de Raquel García- Tomás, C02 de Giorgio Battistelli, Orgía de Héctor Parra ou As one de Laura Kaminski son algunhas delas.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: renovación e modernidade
15 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Xornadas sobre Díaz Pardo no Museo de Belas Artes da Coruña
Xornadas científicas: Isaac Díaz Pardo
23 de outubro a 24 de outubro
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2025
24 de outubro
Centro sociocultural do Castro
Toponimízate 2025
6 de novembro
Auditorio Municipal