Evento: Joshua Kenneth: Máxia de rúa

Joshua Kenneth: Máxia de rúa
venres, 25 agosto, 2023 - 17:30
Carnota,
Carnota

Joshua Kenneth: Máxia de rúa

Espectáculo de máxia.

Joshua Kenneth nace no ano 1995 na cidade da Coruña. O interese pola maxia deste rapaz inglés-coruñés, comenza no 2006 vendo ao lexendario Mago Antón. Dende ese momento queda fascinado por este mundo e comenza unha aprendizaxe inicialmente autodidata e posteriormente académica; estudando na 1ª promoción da única universidade de ilusionismo do mundo, en San Lorenzo del Escorial, onde establece contactos con magos nacionais e internacionais. Leva a súa maxia a todo tipo de eventos públicos e privados, facendo aparicións na televisión galega e nacional e aportando a súa visión da vida a través da arte do imposible.
En 2022 gaña o 1º Premio no Magic Valongo, un certame internacional de ilusionistas celebrado en Portugal e actualmente traballa no Museo de Maxia Kiko Pastur en Santiago de Compostela.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A maxia dos libros
24 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Periplo atlántico
30 de xaneiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Universo Verso
21 de marzo
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Biblioteatro (7-10 anos)
4 de outubro a 27 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola