Evento: Unha obra literaria pide lector, unha literatura pide estado

  • Suso de Toro
Unha obra literaria pide lector, unha literatura pide estado
sábado, 11 abril, 2015 - 12:00
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Unha obra literaria pide lector, unha literatura pide estado

Conferencia do escritor e xornalista Suso de Toro

Un cadro pide ollos que o miren, a música pide oídos que atendan, pero a literatura pide alguén que vexa o texto, que saiba ler e tamén que coñeza a lingua en que está escrito. Ao entender de Suso de Toro, as linguas precisan espazos sociais, nacionais, para existiren. E tamén a protección dun Estado, sexa un Estado que una a súa existencia á da propia lingua ou non. A lingua e a literatura galegas tiveron un estado que as protexese durante os corenta anos transcorridos desde 1975? Esa é a pregunta que pairará durante a conferencia.

Nado en Santiago de Compostela (Galicia, España), é licenciado en Xeografía e Historia, especialidade de Arte Moderna e Contemporánea, pola Universidade de Santiago de Compostela. Compaxina o seu traballo literario coa creación de guións para radio e televisión, con colaboracións en prensa e radio, e coa docencia. Escribe en galego e publicou trinta libros de narrativa, teatro e ensaio. A súa novela Trece badaladas obtivo o Premio Nacional de Narrativa en 2003, e foi levada ao cine. Tamén recibiu o Premio da Crítica de Galicia (1986), o Premio da Crítica Española (1993 e 2000) e o Premio Blanco Amor de novela (1997). A súa obra está traducida a varias linguas e foi obxecto de estudo en diversas universidades europeas.

Esta conferencia forma parte do ciclo Cara a onde? que se celebra durante catro meses no CGAC.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello