Evento: Obradoiros xuvenís

  • Obradoiros xuvenís. Picasso branco no recordo azul
Obradoiros xuvenís
sábado, 15 abril, 2023 a sábado, 17 xuño, 2023
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Obradoiros xuvenís

Actividades da exposición: Picasso, Branco no recordo azul

Obradoiros xuvenís. Picasso branco no recordo azul.

Obradoiro de cómic usando como base as obras da exposición

Os obradoiros Terán lugar os sábados:

15, 22 e 29 de abril

6, 13, e 27 de maio

3, 10 e 17 de xuño

Horario: 12:00 a 13:30 h

Organiza: Museo de Belas Artes

Monitor: Arkhé Espacio Educativo

Destinatarios: Rapaces e rapazas de 10 a 14 anos

Prazas: 10

Prezo: Gratuíto

Lugar: Museo de Belas Artes da Coruña

Inscrición:

  • Todas as actividades son de balde previa inscrición a partir do 10 de abril
  • A inscrición está limitada a un obradoiro por rapaz/rapaza. No caso de dispoñibilidade de prazas, abrirase un novo prazo de inscrición para outras datas.
  • A inscrición realizarase enviando a folla de inscrición (dispoñible ao final da páxina) ao correo electrónico actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal
  • O envío do formulario non garante a reserva de praza, é necesario recibir confirmación por parte do Museo.

Programa de actividades

Impro·Picasso (15 de abril, 6 de maio e 3 de xuño)
Crearemos un micro-relato gráfico (entre 4 e 6 viñetas) mergullándonos no universo picassiano: empregaremos personaxes, lugares e obxectos que podemos atopar reflectidos na obra do artista, todo isto a través dun xogo improvisado e desenfadado, achegando as ferramentas necesarias para facelo nun modo divertido e creativo.

Rostros Picassianos (22 de abril, 13 de maio e 10 de xuño)
Unha das imaxes máis icónicas de Pablo Picasso son os seus rostros: desmontados, xirados en varias perspectivas. de proporcións imposibles... Imos xogar, experimentar e crear con este elemento tan coñecido e tan cheo de posibilidades: O Rostro.

Picasso a capas (29 de abril, 27 de maio e 17 de xuño)
A obra Paquete de tabaco e vaso vai ser o noso punto de partida para iniciar este percorrido no que a "desmontaremos" en varias capas, o que nos brindará a posibilidade de experimentar en cada unha delas con técnicas e materiais diversos. Como punto final, volveremos xuntar as capas, aportando deste xeito a nosa propia visión da obra do artista.

https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl/actividades/obradoiros-xuvenis-picasso-branco-no-recordo-azul

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de adornos de Nadal
15 de decembro
Biblioteca Pública de Lugo
Preparando o nadal
16 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Iniciación ao Lettering
21 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Obradoiros de Nadal
27 de decembro a 28 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense