Evento: “Diálogo entre as psicoanalistas e doutoras en Arte Jazmín Rincón e Rosa Vázquez e o psicoanalista Manuel Fernández Blanco”.

“Diálogo entre as psicoanalistas e doutoras en Arte Jazmín Rincón e Rosa Vázquez e o psicoanalista Manuel Fernández Blanco”.
venres, 14 abril, 2023 - 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

“Diálogo entre as psicoanalistas e doutoras en Arte Jazmín Rincón e Rosa Vázquez e o psicoanalista Manuel Fernández Blanco”.

No marco dos “Diálogos entre a psicoanálise e a arte”

A biblioteca cede o espazo para a realización do “Diálogo entre as psicoanalistas e doutoras en Arte Jazmín Rincón e Rosa Vázquez e o psicoanalista Manuel Fernández Blanco”  no marco dos “Diálogos entre a psicoanálise e a arte”.

Manuel Fernández Blanco é psicoanalista en A Coruña, membro da Escola Lacaniana de Psicoanálise -da que foi presidente- e da Asociación Mundial de Psicoanálise, na que ocupou diversos cargos de responsabilidade. É tamén docente de psicoanálise no Instituto do Campo Freudiano e ten publicados libros e numerosos artigos sobre o tema.

Manuel ten tamén formación como psicólogo clínico e durante máis de trinta anos estivo á fronte da Unidade de Saúde Mental Infanto-xuvenil do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.

Desde hai moitos anos Manuel colabora frecuentemente con La Voz de Galicia, onde aborda cos seus artigos o malestar contemporáneo desde a psicoanálise.

Desde os tempos de Sigmund Freud, a psicanálise deu gran importancia á arte e aos artistas, nos que descubriu unha proximidade ao inconsciente. Por iso, afirmou: “Poetas e filósofos, antes ca min, descubriron o inconsciente”. E Jacques Lacan convidou aos psicanalistas a aprender dos creadores, xa que son eles os que, nunha liña moi próxima á propia psicanálise, atoparon un saber facer que pon en práctica algo que ten que ver co imposible de dicir. Así, este proxecto nace non só dun desexo común de poñer en conversa estes dous discursos, senón tamén de contribuír a facer da nosa cidade un espazo de encontro, un espazo vivo e xeneroso que favoreza o vínculo social.

No salón de actos. Para público adulto. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello