Evento: Arce

Arce
xoves, 23 marzo, 2023 - 21:30
Sala Capitol,
Santiago de Compostela

Arce

Concerto de rap urbano.

Pablo Arce é un rapero galego nado en Santiago de Compostela en 1990. Empezou co rap no 2002: escribía letras na súa casa e gravábaas cun mp3, despois baixábaas ao Parque de Ramírez e á xente gustáballe porque era un rolo diferente, rueiro, coas drogas, o diñeiro e as mozas como temática. Precisamente polo contido salvaxe das súas letras colgóuselle o cartel de polémico.

No 2007 entrou o Centro de Menores Concepción Arenal (Palavea, A Coruña), e despois de saír de alí, gravou Polvo de ángel, a súa primeira maqueta máis seria, convertendo a súa rabia en rap. Despois viñeron Antes mendigo que madero, Perro Viejo e 21 gramos.

Micro en man empezou a encher garaxes con amigos ata que no 2010 átao Javi Sánchez para a produtora Dixital Hustlers e convértese nun fenómeno que abarrota salas en Bilbao, Madrid e Barcelona. Os seus vídeos en Youtube suman millóns de reproducións.

  • ARCE - POLBO

Máis eventos de tipo Concerto

XXVIII Ciclo de concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña
Concertos de outono
27 de setembro a 29 de novembro
Museo de Belas Artes
Abril no ciclo Sons de peto da USC
Concerto de ABRIL
7 de outubro
Igrexa da Universidade
The Screamin' Cheetah Wheelies
7 de outubro
Rúa de Concepción Arenal, 5