Evento: Arce
Arce
Pablo Arce é un rapero galego nado en Santiago de Compostela en 1990. Empezou co rap no 2002: escribía letras na súa casa e gravábaas cun mp3, despois baixábaas ao Parque de Ramírez e á xente gustáballe porque era un rolo diferente, rueiro, coas drogas, o diñeiro e as mozas como temática. Precisamente polo contido salvaxe das súas letras colgóuselle o cartel de polémico.
No 2007 entrou o Centro de Menores Concepción Arenal (Palavea, A Coruña), e despois de saír de alí, gravou Polvo de ángel, a súa primeira maqueta máis seria, convertendo a súa rabia en rap. Despois viñeron Antes mendigo que madero, Perro Viejo e 21 gramos.
Micro en man empezou a encher garaxes con amigos ata que no 2010 átao Javi Sánchez para a produtora Dixital Hustlers e convértese nun fenómeno que abarrota salas en Bilbao, Madrid e Barcelona. Os seus vídeos en Youtube suman millóns de reproducións.