Evento: Agnostic Front + Proudz

Agnostic Front + Proudz
martes, 6 xuño, 2023 - 20:00
Sala Malatesta,
Santiago de Compostela

Agnostic Front + Proudz

Concerto de hardcore punk.

Agnostic Front, inicialmente coñecida como Zoo Crew, é unha banda estadounidense de crossover thrash e hardcore punk, pertencente ao denominado New York Hardcore xunto a bandas como Sick of It All e Murphy's Law entre outras. De maneira paralela, o vocalista Roger Miret forma parte do grupo Roger Miret and The Disasters, de igual maneira, Vinnie Stigma mantén un proxecto solista de nome Stigma, acompañado por Mike Gallo como baixista, Josh Tilotta como guitarrista e Luke Rota como baterista.

Seria imposible, a estas alturas, falar da Historia da escena Hardcore estatal e deixarnos a Proudz. Formados en Madrid en 1997, este cuarteto impúxose a todas as tormentas e superou todos os obstáculos ata gañarse un espazo nos corazóns de todos os seguidores da música Hardcore no noso país. Xunto a bandas como Versvs, Like peter at home, Inside me, Mal Chance ou Kausa de Alarma, Proudz encabezaron en 1997 un rexurdimento cheo de orgullo e mala fama na escena musical de Madrid. Os seus concertos na capital son de visita obrigada para os amantes dos sons NYHC e Old School, onde o pit e os sing a longs constantes, son a marca da casa dos concertos de Proudz. A Mensaxe é básico; Hardcore, amizade, traizón e orgullo.

  • AGNOSTIC FRONT - Old New York (Official Music Video)
  • PROUDZ - En La Noche Más Oscura (Videoclip)

Máis eventos de tipo Concerto

Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
23 de xuño a 31 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Rheia Gorecki
28 de setembro
Sala Krazzy Kray
Real Filharmonía de Galicia: sensoxenoma23
29 de setembro a 30 de setembro
Avenida do Burgo das Nacións